lunes, 22 de noviembre de 2010

un voluntariado... delicado.

Fai estes días un ano que comecei a participar como voluntaria no ámbito hospitalario, na unidade de trastornos alimenticios, colaborando en algunhas tarefas do hospital, e sobre todo, tratando de facer máis soportable a internación dalgúns pacientes de larga duración. Isto é, un día á semana vamos eu e a miña compañeira, a dedicar un par de horas, que non son nada, a estar cos pacientes. Xeralmente gústalles facer actividades manuais, obradoiros, manualidades, e outras do estilo. Rompen coa monotonía, e soen ser hábiles. Pero cando xa se leva un tempo, as ideas vanse indo a menos. Polas características dos trastornos deste tipo, moitos dos pacientes están ingresados varios meses, ou xa estiveron ingresados antes, polo que a miúdo xorde o problema da repetición e o aburrimento, que non sempre é fácil de solucionar.
Ademáis, existe tamén outra dificultade para nós, e é que con frecuencia se mostran inaccesibles, "bordes", ou sen predisposición algunha ó contacto con nós. Isto sucede especialmente cando o grupo varía, cando nos acaban de coñecer, ou cando pasan por un momento especialmente difícil.
É a partir deste punto onde preciso da vosa axuda. Agradecería calquera tipo de participación, experiencia, e sobre todo, novas ideas. Porque non sempre é doado levalo ben, tratar cos pacientes, ou ofrecerlles algo que de verdade aprecien.
Do mesmo xeito, espero poder ser de axuda a calquera nunha situación similar relacionada coa participación social ou o tempo libre.
Gala contra os trastornos alimenticios 2010
Asociación de Bulimia e Anorexia de Galicia